Reproduccións de escudos heráldicos, de asociacións, concellos e outras entidades así coma reloxios de sol, buzóns de correos e outros elementos que personalizan e distinguen edificacións públicas e privadas.
Meigallo
Meigallo "contra o mal de ollo, as malas linguas e as
cousas do demo, presentes en todalas culturas do mundo"
Representación de tres cabezas. Un meigo cun ollo de
vidro e outro coa lingua fora, que simbolizan o mal de ollo
e ás malas linguas, a terceira cabeza é o reflexo do demo.
(pedra do Suído).
Boletus Petri
BOLETUS PETRI. Artesanía en pedra. Agasallo para as Xornadas Micolóxicas
Material: Granito de Vilachán (base e pés) e seixo de río (sombreiro).
Medidas: 10x10x14 cm (modelos 1 e 2) e 10x15x16 cm (modelo 3). Estas medidas son aproximadas; o tamaño do conxunto pode variar lixeiramente.
Características: conxunto formado por base (granito), pé do cogumelo (granito) e sombreiro (seixo de río pulido con varias tonalidades de brillo). Hai tres modelos que corresponden ao número de setas que hai en cada conxunto (ver fotos).
Prezos: modelo 1- 30€. modelo 2- 35€. Modelo 3- 45€.
"Boletus Petri" é unha serie limitada (pezas únicas) e o IVE é do 8%.